Foi un 7 de novembro de 2007. Ás 18h00 a sala de aulas número 4 da Facultade de Medicina foise enchendo, aos poucos, de xente. Uns estatutos provisionais feitos sen moito coñecemento, unhas cantas persoas sen costume de falar en público e unha boa idea. Así foi como naceu a ALEM.
Os primeiros estatutos eran un caos de ideas inconexas, mais unha cousa estaba clara: Todas as persoas que estudan Medicina son iguais, e todas teñen dereito a decidir. Ese principio asembleario foi o que marcou a diferenza. Non eramos unha asociación, eramos a unión do estudantado.
Porén eran outros tempos, tempos de grandes ideas e ilusións, de proxectos nunca realizados e de disputas nunca resoltas. O que nos sobraba de esperanza faltounos de experiencia. E pouco a pouco o proxecto fóisenos das mans. Moita xente non entendeu ben o concepto de asemblea e pensaron en nós como unha asociación calquera. Outros confundíronnos, querendo ou sen querer, coa Assembleia Geral con que nada temos que ver. Chamáronnos de "independentistas radicales que pululan por nuestra facultad" cando a ALEM é radicalmente apolítica. E finalmente, a chama da ilusión converteuse nas cinzas da desesperanza.
Como dicía o poeta, a forza do noso amor non pode ser inútil, polo que o 18 de xaneiro de 2011, con folgos renovados, tivo lugar unha asemblea reconstituínte. En vez de moitos fomos poucos. En vez de discusións houbo acordos. En vez de incerteza houbo experiencia. Só unha cousa non mudou, a ilusión. A ilusión por unha facultade unida. A ilusión por un estudantado consciente. A ilusión de saber que a asemblea é o camiño a seguir.
Mais finalmente, a chama apagouse, e co final do ano 2012 chegou o final deste proxecto. Non houbo culpábeis, non houbo verdugo, foi unha morte lenta e agónica, mais prácida e indolora. Aquí fican as brasas, coa esperanza de que no futuro chegue alguén con novos folgos e ilusións e a asemblea renaza como un fénix. Porque, a pesar de todo, o sistema asembleario é o máis xusto, e cedo ou tarde axente ha de decatarse.