Documento para o reitor

Documento para o reitor

Recollida de Sinaturas

Para mostrar a nosa disconformidade, estamos a recoller firmas, os motivos exprésanse no seguinte documento, que pasaremos polas clases e departamentos.

Sobre a Xestión da equipa decanal da facultade de Medicina e Odontoloxía


MAÑÁ XORNADA DE PROTESTA EN MEDICINA (Concentración ás 12 na porta da facultade, e folga intermitente nos cambios de clase)

Novo blogue sobre a descentralización

Para aclarar tódolos temas sobre a situación actual da descentralización creamos un blogue informativo:


http://infodescentralizacion.blogspot.com

Resumo da asemblea do 27 de Abril


1. Aprobación do orde do día


2. Elección da mesa

Tami y Carlos

3. Elección de valedor y vicevaledor

Reelixense Fermín e Miguel.

4. Descentralización
  • Alberto fai un resumo do estado actual da descentralización:
    Estamos sen información acerca dos acordos sobre transporte e asignaturas de libre elección. Nas listas provisionais aparecen alumnos, que en principio non deberían de entrar no sorteo, e non aparecen moitos dos voluntarios. Ademáis non sabemos como se realizou este sorteo. Tampoco temos claro como se realizarán as alegación acerca da lista definitiva.
  • Acordase mediante votación da asamblea as seguintes medidas:

    1. Convocar unha concentración única para tódolos estudantes, na porta da facultade, o mércores 6 de Maio ás 12:00. Convócase, asimesmo, unha folga para o mesmo día.

    2. Realizar unha protesta mediante a presentación de queixas individuais de tódolos estudantes no rexistro do rectorado da Universidade de Santiago de Compostela.

    3. Concertar unha entrevista co vicerrector para expoñer a problemática do estudantado.

    4. Realizar unha campaña informativa na facultade e avisar ós medios de comunicación.

4. Próxima Asemblea:
Xoves 7 de maio.

Asemblea Extraordinaria Luns 27 ás 19:30

Co motivo da descentralización convócase unha asemblea urxente o próximo Luns 27 de abril ás 19:30.

Orde do día:

1. Aprobación da orde do día
2. Eleción da mesa
3. Eleción de valedor e vicevaledor
4. Descentralización
- Exposición da situación actual (listas, reclamacións...)

- Organización da resposta estudantil (portestas, comunicados de prensa...)
5. Outros
6. Próxima asemblea

Listas Descentralización

Dende o decanato xa se enviou @s delegad@s as listas de estudantes que realizarán as prácticas na Coruña e Vigo, incluíndo voluntarios e obrigados.

Podédelas ver aquí (na parte inferior da ventá podedes escoller o curso)

Dende a ALEM estamos a estudar as listas ca axuda dos delegados, pero polo momento non temos ningún tipo de información sobre como se realizou o sorteo nin das intencións da equipa decanal de agora en diante.

Manterémosvos informados.

Asamblea do 15-04-09

Na última asemblea debatiuse e votouse punto por punto o acordo acadado ca equipa decanal (agás o modelo, pois xa se aceptara o modelo mensual antes da disolución da anterior asemblea).

Así, acordouse:
  1. Vaise enviar un documento ó Sr. Decano
  2. Elixironse uns novos representantes da comisión de descentralización [Javi Camiña, Miriam Blanco, Montse Fdez. e Alberto FM], o cal non exclúe a ningún estudante da participación nas reunións da comisión nin da asistencia ás posibles reunións ca equipa decanal se a comisión o estima adecuado.

No tocante á transición ó novo plano de estudos expúxose o curso ponte e decidiuse que este se vai expoñer en cada curso para sondear a opinión dos estudantes e posteriormente tomar unha decisión en asemblea.

Nada mais polo momento


Ver o documento para o decano



top